Tras as pegadas de Carlos Casares en Vigo

Como todos sabemos, este ano o Día das Letras Galegas dedícase ao escritor que dá nome ao noso instituto, Carlos Casares. Para conmemorar este feito, as compañeiras da revista de terceiro de ESO, coa axuda de dous compañeiros de segundo, organizaron un paseo literario polas rúas de Vigo. A idea foi dende un principio achegar información á poboación sobre a vida e a obra deste importante escritor mentres camiñan polo centro da cidade. O paseo conta con nove paradas e permitirá descubrir lugares da nosa cidade que dalgunha forma están relacionados con Carlos Casares. Algunhas das paradas son: a fundación Penzol, a antiga editorial Galaxia, o antigo hotel Nilo, a cafetería Alameda (actualmente Vitruvia)… O paseo será presentado publicamente o día 15 de maio a partir das 11.00 h, sendo o punto de encontro a rúa Reconquista, nº 1. Ese día os compañeiros e compañeiros que prepararon esta actividade actuarán como guías e explicarán a relación de Casares coas diferentes paradas. En cada parada haberá unha placa co número de orde da parada, o logo do Concello de Vigo e o do instituto, o nome do lugar e un código QR, que se poderá escanear para obter información sobre cada lugar. Ademais, tamén foron elaborados uns folletos informativos sobre o paseo, que se distribuirán a través das oficinas de turismo de Vigo. En toda esta actividade contamos coa colaboración do concello de Vigo.

Como aperitivo, deixámosvos a continuación o mapa do paseo. E lembrade, estades convidados a asistir o día 15 á presentación pública do paseo.

           paradas del paseo 2