O noso PLAN DE ACCIÓN ( Educación en dereitos e cidadanía global)

II Introdución

As liñas do plan de acción están baseadas nas conclusións que elaborou o alumnado. Estas conclusións están feitas en base aos resultados que se obtiveron das enquisas que se se lle realizaron á comunidade educativa: dirección, titores, alumnado, familias e persoal non docente.

Para levar a cabo as melloras de acción son necesarios cambios estruturais na organización do centro. Así, o plan de acción ten que ser atendido dende un órgano que vertebre o centro, é dicir, dende o equipo directivo, dende o departamento de orientación ou incluso con outras fórmulas como pode ser a través dun contrato programa.

Desta forma toda a comunidade educativa está afectada, representada e implicada

Esta primeira fase de toma de contacto e de evidencia das carencias levouse a cabo co traballo de cinco aulas e con cinco profesoras, que non son, nin polo número nin polo ámbito de actuación, capaces de levar adiante as accións de mellora que se pretendan implementar.

As conclusións do alumnado centráronse en catro grandes apartados e sobre eles analizaron as respostas contrastándoas coas do seu grupo.

 

II Diagnóstico:

1-    Convivencia:

·       Os alumnos non se fan oír e non teñen unha plataforma para expresarse.

·       En contraste cos profesores e familias, o alumnado percibe que hai problemas de convivencia  entre eles. Estes conflitos non chegan a ser problemas de acoso, pero son faltas de respeto que alteran a convivencia.

·       Carencias na información dos dereitos da infancia en comparación con outras informacións que reciben como educación vial, sexual…

2-    Profesorado:

·       O profesorado manifesta vontade, pero non ten tempo para atender as individualidades como querería.

·       Titorías pouco eficientes, non están orientadas para dar resposta  a estes problemas.

3-    Familias:

·       As familias non están informadas  do que pase no centro, principalmente no referido a educación transversal.

·       Escasa implicación, sobre todo no referido a reunións ou participación en actividades extraescolares.

4-    Acceso á discapacitados:

·       O centro non conta con accesos para discapacitados.

 

III Propostas de mellora:

Convivencia

Nos resultados das enquisas faise patente que o alumnado non ten canles para facerse oír e de as haber, como o Consello Escolar ou a figura do delegado, non serven para tal fin.

A figura do delegado só ten o papel de facer algún recado cando o manda o profesor do tipo buscar folios, fotocopias, etc. Non están actuando como representantes dos seus compañeiros. Os delegados deberían ser un órgano máis na estrutura do centro.

Terían que formar parte dunha estrutura colexiada, onde todos os representantes do alumnado tivesen un calendario de actuacións e de reunións establecido para desenvolver ben o seu papel, ser a voz dos compañeiros e ser o elo de unión entre os profesores.

Na mesma liña de actuación e escoitando as propostas que fai o alumnado estaría a creación da figura do mediador. Un equipo formado por alumnado cunhas actitudes e capacidades adecuadas na prevención ou mediación se é o caso de conflitos. Estarían coordinados polo departamento de orientación ou algún outro que a dirección  e o claustro considere e que se encargase de orientalos na coordinación e na mediación, polo memos nos inicios do proxecto.

Este equipo, tería que ser un equipo operativo e funcional, que se ocupase por exemplo doutra das propostas que fixo o alumnado que aparece no video: a caixa de correo.

Familias

As familias están pouco implicadas en parte este feito vese agravado pola situación física do centro. Está situado nun espazo illado e lonxe da veciñanza. Isto non favorece a integración. Hai que facer un desprazamento a propósito  a unha distancia considerable da maioría das familias; por outro lado o transporte urbano tamén é deficiente.

As familias non estan informadas habería que establecer mecanismos bidireccionais para implicalas máis e para que estivesen máis informadas, neste último suposto poderiaselles facilitara información  ou ben  a través de dos titores ou ben con cartas ou publicitalo na páxina do centro.

Profesorado

O profesorado, principalmente os titores, terian que estar coordinados entre eles e tamén, ou ben de maneira directa ou ben desde orientación, coa comisión de delegados.

Barreiras Arquitéctonicas

As dificultades de acceso para discapacitados é un problema estrutural do centro que se solucionaría con mais medios económicos por parte da Consellería de educación.

 

Este plan de acción podería implementarse de maneira progresiva en próximos cursos académicos para mellorar os dereitos da infancia (non é un centro onde se vulneren de maneira flagrante os dereitos da infancia e existe unha convivencia pacífica) se se planifica de maneira estrutual coa implicación de toda a comunidade educativa.