E é que o noso alumnado non para de darnos alegrías. Todos os xornais dan conta da noticia: DIEGO MOJÓN, a mellor nota da selectividade galega! Xa o pasado curso Raúl Alonso, entre medalla e medalla, quedou terceiro…
Nós, o profesorado, non podemos estar máis orgullosos dos vosos éxitos, das vosas palabras sempre na defensa do ensino público e gústanos pensar que se cadra temos un pouquichiño que ver con estes resultados, para que logo falen do ensino público…
Parabéns, Diego!
Esperamos que se cumpra o refrán que reza “Non hai dous sen tres” e sigamos colleitando éxitos. Os vosos éxitos, que facemos tamén nosos.
Non esquezas o teu centro de Secundaria. Nós tampouco te esqueceremos a ti!
Texto: Os profes do consello de redacción