O Nadal chega a Vigo

As rúas de Vigo e os corredores do instituto Carlos Casares de Vigo tínxense de cores en celebración da chegada do Nadal. Todos están ilusionados pola chegada das vacacións e polos agasallos que recibirán por portarse ben durante todo o ano, aínda que algúns quedarán sen eles debido ás malas notas. Mira que non dalas despois do Nadal…! Este venres respirábase relaxación e felicidade, por fin poderían dicirlle adeus ás nosas “gaiolas” e aos nosos queridos profesores, ata o ano que vén, aínda que con tantos deberes non teremos moita relaxación…  Dende a revista, desexámosvos un bo Nadal e un próspero Aninovo!
noseq

Texto: Antía Gago e Vanja Veiga//Foto: Elena Álvarez