Alejandro de la Sota, un mestre da arquitectura

Yelko Veiga, estudante de Arquitectura e exalumno do centro, veu a dar unha charla o venres 6 de abril sobre o gran mestre desta materia, Alejandro de la Sota. Comezou presentándose e presentando a persoa da que ía tratar a charla. Yelko amosou as obras máis famosas do arquitecto. Ao comezo, ensinounos unha foto na que aparecía de novo cos demais estudantes diante da Escola de Arquitectura de Madrid. O que nos chamou a atención desa foto foi que había unha muller entre os seus compañeiros, todos homes. Díxonos que foi a primeira muller española licenciada en Arquitectura. Continuou amosando edificios de tempos algo antigos, pero moi modernos. A iso se dedicaba Alejandro de la Sota, a construír edificios modernos, ou sexa, sinxelos, de liñas rectas e con materiais novos, sen adornar a construción.

Cando Franco gañou a Guerra Civil, buscábanse como modelos de representación as grandes civilizacións antigas. Os edificios que se facían naquel tempo eran moi decorados, e, como o formigón se vía feo para a construción, cubríanse con diferentes materiais como o azulexo. De la Sota construía edificios modernos, simples, e sen tapar nin decorar nada.

sota_retrato

Algúns dos seus edificios máis famosos son: o edificio do Goberno Civil de Tarragona, con forma cadrada e con ventás desordenadas. O Colexio das Marabillas: tivo que facelo nun espazo moi difícil para a construción, pero resolveu todos os problemas e conseguiu facer unha obra moi difícil, e moi moderna.

Imaxe tomada da web da Fundación Alejandro de la Sota

                                                                                                                                                                                                                                Ao final, Yelko ensinounos unha maqueta do edificio do Goberno Civil de Tarragona. Fixéraa hai algún tempo, Era moi bonita… Canta paciencia para facela!

Esta charla rematou coas preguntas do alumnado alí presente, e cun forte aplauso para Yelko, xa que grazas a el coñecemos moito máis a este gran xenio da arquitectura, Alejandro de la Sota.

Irene Jardón y Fabiola Viñas 1º C