Hoxe en día o magosto celébrase coma una merenda na que se deixa queimar a madeira ata que quedan só as brasas, nas que cociñan as castañas, acompañadas de bailes e xogos populares. Ademais píntase a cara cos restos das fogueiras e sáltanse as brasas para ter boa sorte.

Onde celebrase o magosto?

O magosto non só  se celebra en Galiza, senon que faise en sitios onde abundan as castañas. En Asturias chamase Amagüestu, ademáis acompañase con sidra e con bailes tradicionais coma as danza Prima. O Gaztainerre atopámolo no País Vasco, onde acompáñase con caracois e unha especie de pan. En Cataluña celébrase a castañada, e en moitos outros sitios con nomes diferentes. O consumo de todos estes alimentos axudaba a aguantar toda a noite dos santos, onde recordaban aos mortos.

O pasado xoves 3 de novembro celebramos o magosto no IES Carlos Casares: xantamos no centro cultural de Bembrive e fomos dende aí polo camiño do Eifonso onde a metade de camiño abríronos un muíño antigo e ensináronnos o seu funcionamento, ao chegar a capela de San Cibrán merendamos castañas feitas polos profesores do centro e bailamos muiñeiras. Foi unha actividade moi divertida que axudou a coñecer mais aos mestres e mestras.

Artigos recomendados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará