O 18 de febreiro foi un día alegre e divertido no IES Carlos Casares. Entre disfraces e actuacións celebrouse un ano máis o coñecido entroido.
Aínda que poucos quedaron ata a entrega de premios, o inicio da celebración quedará na memoria de todos os asistentes… Almudena, Leandro, Mer e Avelino abriron este ano o entroido cunha gran actuación: imitaron ao grupo ABBA. A continuación no concurso, varios grupos de estudantes participaron na categoría “actuacións”, con excelentes coreografías. Despois, pasaron polo escenario sardiñas, condesas, debuxos animados, vikingos, pasteis… Ao final o premio levárono: a orixinal sardiña e os dous grupos de baile, os Looney Tunes e as mozas e mozos de primeiro de ESO.
En resumo, un entroido variado e distinto, que, como cada ano, aumenta o número de participantes e o nivel das coreografías.[wzslider autoplay=”true”]
Texto: Claudia Álvarez. Video: Carlos Paz