O noso IES á cabeza nas boas prácticas educativas do Plan Proxecta da Consellería.
O Plan Proxecta (por terceiro ano consecutivo) é unha iniciativa da Consellería de Educación, en colaboración con outras consellerías e diferentes organismos. Pretende fomentar a innovación educativa a través de programas que desenvolvan de xeito paralelo as competencias básicas e a educación en valores.
O curso pasado desenvolvemos con éxito oito programas do plan e obtivemos premio en dous, así que as profesoras Rosa (Cordinadora de “ 365 días de respecto e igualdade” e Almudena (Cordinadora de “Clases sen fume”,” Salvavidas” e “Galicóns.net” impartiron dous relatorios sobre as experiencias do noso centro educativo no día a día.
Velaquí as presentacións que fixeron con vídeos e fotos dos nosos traballos dentro de cada un dos catro proxectos: A violencia de xénero, punta do iceberg, Proxectos interdisciplinares integrados
TEXTO: Claudia Álvarez