Catro alumnas e alumnos de 4º de ESO do IES Carlos Casares de Vigo representan a nosa Comunidade Autónoma na II Conferencia Estatal de mozas e mozos:
“Coidemos o Planeta (Confint)”, que se celebra en Barcelona do 12 ao 15 de novembro.
A Confint é un programa de educación ambiental que traballa a dimensión local e global da crise medioambiental dende biodiversidade, cambio climático, paisaxe…
Nesta II Conferencia ponse de manifesto o compromiso da mocidade coa sustentabilidade de Galicia, tema que no Carlos Casares vén sendo traballado xa desde o ano 2007.
E… que fixeron Adrián, Laura C., Laura M. e Marta?
Primeiro presentaron un mapa cos problemas medioambientais de Galicia, explicaron como traballamos na nosa Comunidade con iniciativas como o Plan Proxecta da Consellería de Educación en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e Consellería do Medio Rural e Mar. A continuación fixeron un percorrido polo traballo realizado no instituto durante estes anos, a través de proxectos interdisciplinares e cooperativos, especialmente nos últimos catro cursos, dende que este alumnado en concreto chegara ao centro.
TEXTO: Lucía Pérez / FOTOS: Lucía Pérez