O Día da Biblioteca no noso centro

O 24 de outubro é, dende hai 20 anos, o Día da Biblioteca, pois van xa dúas décadas dende que a Asociación “Amigos del Libro Infantil y Juvenil” propuxera esta data para facer fincapé nos beneficios destas institucións ao servizo da lectura, da cultura e da cidadanía. Esta data foi elixida en recordo da destrución da biblioteca de Saraxevo, incendiada en 1992 durante a Guerra dos Balcáns.

Posteriormente, o Ministerio de Cultura apoiou esta iniciativa, e todos os anos edítase un cartel conmemorativo e escóllese un texto que serve de pregón no acto de celebración oficial. Nesta ocasión foron dúas mulleres da “periferia”, a ilustradora vasca Elena Odriozola e a escritora galega Ledicia Costas, as encargadas de darlle fondo e forma e esta mensaxe a prol da existencia das bibliotecas. Podedes atopar o cartel e o texto a través deste enlace.

Hoxe foi o Día da Biblioteca e no noso centro fixemos varias actividades para conmemoralo:

  • Unha exposición de libros na cafetería.
  • Os alumnos de primeiro e segundo da ESO participaron nunha ginkana de dez preguntas sobre os libros expostos na cafetería.
  • Todos os cursos leron na primeira hora de clase un texto informativo sobre a celebración deste data sinalada e un breve relato de animación á lectura.

img_20161024_151536

Lara Pampillón Ubeira

Elena Estévez Couñago