O pasado día 11 de febreiro, o alumnado de 1º ESO B visitou o Instituto Oceanográfico de Vigo. A visita formaba parte do premio colectivo por gañar o concurso de debuxo contra a violencia de xénero. Explicáronlles que, hoxe en día,no instituto as mulleres ocupan practicamente os mesmos postos de traballo cós homes, aínda que a maioría de postos de responsabilidade seguen sendo homes. Malia iso, o posto de dirección do centro ocúpao actualmente unha muller. Ademais, amosáronlles os catro departamentos de traballo e fixeron prácticas no sector de pesca.
As investigadoras tamén viñeron ao noso instituto para impartir unha conversa, esta vez para o alumnado matriculado en Igualdade de Xénero, tamén para celebrar o Día da Muller e a Nena na Ciencia. Explicáronlles como funciona o Oceanográfico e a porcentaxe de mulleres que hai en cada departamento.
[wzslider]
Eire Taboada 1º B