O Casares nunha olimpíada

Azael Durán, Carlota Salgado e Noemí Collazo de 2ºB foron á olimpíada matemática acompañados pola súa profesora María. Esta actividade estaba organizada polo AGAPEMA no IES O Castro.

AGAPEMA é a Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática, que ten como fins facilitar a actualización do Profesorado de Matemáticas, difundir as correntes do pensamento matemático, transmitir as innovacións educativas e difundir as distintas correntes para a ensinanza e a aprendizaxe matemática.

Chegaron arredor das dez e cuarto, xa que tiñan que entrar no recinto ás dez e media. Despois de esperar un pouco cheos de nervios, veu o presidente de AGAPEMA, xunto a dúas profesoras máis de matemáticas. Unha vez alí contáronlles que tiñan dúas horas para facer o exame e explicáronlles as normas. Ás once todo o mundo comezou a facer a proba e a utilizar o seu cerebro para facer o mellor posible estes exercicios. A proba rematou á unha.

Despois de estar dúas horas espremendo o cerebro o que necesitaban os alumnos era unha boa merenda. Grazas á profesora María puideron tomar a comida e quedaron satisfeitos.

Aínda que non foron seleccionados para a final galega fixérono moi ben. parabéns a estes campións.

Carlota Salgado García 2ªB

Tags: