O alumnado de 2º de Bacharelato que durante o curso 2017-18 cursou Tecnoloxías da Información e da Comunicación deu a súa opinión sobre o desenvolvemento e os contidos da materia e o labor da profesora durante o ano.
O Departamento de Tecnoloxía considera moi importante a opinión do alumnado para mellorar o labor docente, as destrezas no uso das TIC por parte do estudantado e os contidos que eles consideran imprescindibles para o seu futuro.
Un 67 % do alumnado coida que os contidos son interesantes e que con eles aumentaron as súas destrezas informáticas.
Noutras das preguntas a opinión maioritaria do alumnado foi que mellorou o seu coñecemento en informática e que o interese pola materia foi elevado. Polo que respecta aos contidos, aqueles nos que máis interese puxeron e que máis lles gustaron foron: programación html, Python e creación de páxinas web e blogs.
En relación coa consideración da profesora, utilizando unha escala do 1 ao 5, o alumnado valorou cun 5 o coñecemento que esta ten da materia. Ademais, opinou que promove a participación na aula e que comunica de forma doada e achegada ao alumnado, poñendo exemplos útiles para a explicación e a resolución de actividades.
Os criterios e procedementos de avaliación foron cualificados como xustos e adecuados por un 75 % do alumnado.
E por último, pedíuselles opinión sobre contidos que poderían engadirse ou ser obxecto de máior dedicación. Consideraron que a mecanografía e as follas de cálculo son moi necesarias para o seu futuro en calquera actividade que desenvolvan.
Departamento de Tecnoloxía