Novos ánimos para volver comezar

Hoxe, como cada ano despois de que as nosas maxestades de Oriente e Papá Noel nos agasallaran con regalos de todos os tipos, comezamos con novas ganas o novo trimestre, o máis longo deste curso. Chegamos coas pilas cargadas e con novos propósitos para o presente ano, entre os cales asegurámosvos que moitos teñen que ver cos estudos (estudar máis, facer os deberes, aprobar todos os exames, esforzarse nestes últimos meses para poder sacar boas notas,…); comezamos o segundo trimestre con moitas esperanzas e gaña de conseguir as nosas metas…

Neste primeiro día non nos apetecía moito comezar, pero, segundo ía pasando a mañá e minguando a emoción despois de volver ver os nosos compañeiros e amigos, todo se volveu máis ameno. Os profesores comezaron como se as vacacións de Nadal fosen unha fin de semana; nós, os alumnos, esperabamos e desexabamos outra cousa.

Pero en fin… haberá que tomalo con gana e esforzarse para lograr os nosos obxectivos… Entretanto, deixámosvos un vídeo para animarvos.

 

 

Lara Pampillón Ubeira, 3º A