Non pasa nada. Pasa algo?

O programa de prevención de drogodependencia do Concello de Vigo PLDA, pasa polas aulas do alumnado de 2ºESO.
No mes de outubro, comezou a primeira das catro sesións impartidas por María, que veu dende o Concello para informar ao alumnado do que é a droga, as súas consecuencias e efectos.
María explicou, fundamentalmente, que se considera droga calquera substancia que produce adicción e provoca danos no sistema nervioso central. Tamén que a presión social, grupal, familiar etc. é a principal causa para comezar a drogarse.

Hai moitas vías de administración, por exemplo, aspiración, inhalación ou pódese inxerir, mascar… En cada unha destas formas de consumo, varía o tempo en chegar ao sistema nervioso central e en que o consumidor perciba os seus efectos. Ao igual que os tipos de vías de administración, tamén hai varios tipos de drogas: estimulantes, alucinóxenas, depresoras, etc.

Profundizamos no perigo destas substancias pola influencia en distintos contornos, coma o escolar, familiar, social, coas amizades, ou tamén por factores persoais. Reflexionamos sobre o problema que supón que a sociedade nos esconda o perigoso que é, popularizando comentarios como “por unha non pasa nada” ou ” eu teño sorte e non me vai a pasar nada”. Tamén nos ensinou que había falsos e verdadeiros mitos, coma o falso de que é bo para entrar en calor ou que as relación sexuales son mellores, mais tamén é verdade que produce cancro ou demencia.

Logo vimos un vídeo titulado: La verdad sobre las drogas, un documental. Aquí puidemos coñecer exemplos de persoas arrepentidas por ter entrado no mundo das drogas, pero tamén felices por ter saído.

Por último, deixounos probar as lentes que simulan como se ve cando se está ebrio.

Candela Teijeira. 2 de ESO