Non é Non!

O día 24 de novembro o alumnado de 2º e 3º da ESO foron a unha actividade que se chama Enlaza Vigo e que tivo lugar no pabellón das Travesas, para  conmemorar o día 25 de novembro: o Día contra a Violencia de Xénero. Nesta actividade participaron moitos outros institutos da nosa cidade: IES Castelao, Escuelas Nieto, Montecastelo… E entre todos eles fixeron moitas actividades, como ler frases contra a violencia de xénero, bailar, ver os vídeos que fixeron cada un dos institutos, formar unha onda, escoitar un rap contra o machismo e a violencia e xénero. Por último, acudiu tamén o alcalde de Vigo e pronunciou un discurso; despois fixeron un minuto de silencio en memoria das mulleres maltratadas.

Imagen relacionada

Fonte: enfemenino

Todo isto baixo o lema “A mocidade viguesa na onda contra a violencia de xénero”.

Lucía Alonso e Saúl Lago