Morremos por vivir

España é o primeiro país de Europa con máis doantes de órganos, cun total de 43,4 doantes por millón de poboación, 2.018 doantes e 4.818 órganos trasplantados en 2016.

Fonte: http://www.elmundo.es/salud/2017/01/11/58761672e2704ec8688b45c6.html

O día 15 de febreiro, o alumnado de 1º e algúns de 2º puideron asistir a unha charla sobre a doazón de órganos. A charla dérona o coordinador de transplantes da UCI do hospital de Fátima, e Celso, un transplantado de fígado, co fin de concienciar os rapaces e rapazas do IES Carlos Casares do importante que é doar órganos.

Celso contounos a súa experiencia co transplante que lle fixeron hai vinte anos. A causa que provocou que o seu fígado empezara a fallar foi o alcohol e despois do transplante aínda ten que tomar un medicamento de por vida, para que o organismo non rexeite o novo fígado.

Á parte da charla, tamén vimos varios vídeos e anuncios da campaña de doazón de órganos. O vídeo máis representativo conta a historia real dunha familia na que o fillo faleceu de morte cerebral e os seus pais decidiron doar os seus orgános, salvando así seis vidas. Isto quere dicir que despois da morte hai vida.