Velaquí o video que fixemos para amosar a perigosidade dos accesos ao noso centro, para o alumnado de Bacharelato que non teñen dereito ao bus escolar e veñen ao IES en autobús público.
O traballo realizouse no marco do programa “Mobilidade sostible e segura”, que xorde cunha finalidade transformadora que cuestione os modos de mobilidade imperantes e que favoreza a participación do alumnado na elaboración de propostas que garantan a nosa seguridade nos nosos desprazamentos.
Reporteras: Antía Gago, Julia Villasur e Vanja Veiga. Imaxe e edición: Claudia Álvarez.