Mitos gregos no escenario

A semana pasada unha moza veu ao instituto a interpretarnos algúns mitos gregos e a contarnos a súa experiencia con eles. Os mitos interpretados foron: “Prometeo e o ladrón do lume”, “a caixa de Pandora” e “Edipo e o enigma da esfinxe”.

Foai entrelazando as lendas e as súas experiencias con elas. Por exemplo, cando era pequena, a súa avoa contoulle o mito de Prometeo, que ía sobre un titán (medio deus, medio home) que intentou enganar a Zeus, o xefe dos deuses; pero este descubriuno e castigouno no cume dunha montaña, onde unha aguia iría a comerlle o fígado cada mañá.

Logo, cun ton humorístico, introduciu o mito de Pandora. Este mito vai sobre unha muller moi guapa e con moitos dones chamada Pandora, que foi creada por un fillo de Zeus, Hefesto. Zeus deulle o don da curiosidade e entregoulle unha caixa. Díxolle que non a abrise. Un día Pandora non puido máis e abriuna. Da caixa saíron todos os males, pero ao final estaba a esperanza, xa que o fillo de Zeus a puxera alí porque quería moito a súa creación, os homes.

a

Despois deste mito contou que fora a unha obra de teatro e que quedara sorprendida por unha escena. Era a escena de Edipo quitándose os ollos, co efecto especial de la vermella esvarándolle pola indumentaria e os ollos. Logo a moza decidiu meterse no mundo dramático e conseguiu aprobar o exame, no que un dos membros do xurado era o actor que fixera a escena de Edipo. Que casualidade!

O mito contaba a historia de Edipo, un mozo que foi abandonado polos seus pais despois de que o oráculo lles dixera que lles levaría desgrazas. Unha familia de campesiños acolleuno. De maior viaxou a Tebas, onde estaba a esfinxe, unha criatura que lle propoñía o mesmo enigma a todas as persoas pasaban por diante dela. Se non o acertaban, que era o que acontecía sempre, comíaos. Pero Edipo resolveu a adiviña da esfinxe e xa non tiña sentido a presenza, polo que se suicidou. Antes de chegar onde ela, Edipo asasinara uns campesiños crendo que eran vándalos e un deles era o rei de Tebas, o seu pai. Ao entrar na cidade, como premio pola destrución da esfinxe, casou coa raíña, a súa nai. Máis tarde acabouse dando conta do que fixera e, despois de que a súa nai se suicidara, el arrincouse os ollos.

a

Con este mito rematou a actuación da rapaza e os alí presentes comezaron a facer preguntas. Esta foi unha experiencia inolvidábel.

Irene Jardón e Fabiola Viñas

Tags: ×