«Miña Rula» (poema)

«Miña rula»

Corre libre, miña rula.

Corre máis do que poidas.

Pensa nos paxaros voando,

recorda o voo das alondras.

 

Non mires atrás,

non perdas a esperanza.

Non pares de camiñar

ata rematar a túa andaina.

 

Corre libre, miña rula.

Corre máis do que poidas.

 

Por Aixa Montero Ferreiro