Metro x Metro = Metro²

Hai uns días o Departamento de Matemáticas decidiu propor un reto ao alumnado, profesorado e traballadores do centro: cantas persoas entran nun metro cadrado? E como sempre os máis atrevidos aceptaron o desafío.

Preguntarédesvos por que as nosas profesoras de Matemáticas decidiron provocarnos de tal xeito. Pois ben, a resposta non é outra que saber canto é un metro cadrado. E claro, nós pensamos “un metro por un metro”. Logo de dicirnos que si que era así, fixéronnos outra pregunta: “entón, cantos metros² mide unha mesa?” Nós, incapaces de respondela, acabamos pedindo papas. Elas, nesta situación, decidiron aclararnos o tema.

A importancia de saber canto é un metro² é crucial. Como se sabe cal é o aforo máximo dun lugar? Como saben os medios de comunicación canta xente participa nunha manifestación? Pois moi fácil, sabendo cantas personas caben nun metro². Mídese o ancho e o longo dunha rúa ou lugar e calcúlase a súa superficie (8 x 100 m = 800 m²). Despois multiplícase a superficie polo número aproximado de persoas que collen nun m², unhas once (800 x 11 = 8.800). Así chegamos á conclusión de que nunha manifestación participaron 8.800 personas ou de que un lugar ten ese aforo. Curioso, non? Nas imaxes de abaixo podedes ver como nós metemos once persoas nun metro².

E vós, cantas persoas podedes meter nun m²? Propoñémosvos agora a vós o reto. Enviádenos as vosas fotos ao Instagram do noso instituto: iescarloscasares.

Para que vos inspiredes, aquí vos deixamos unhas mostras dos nosos valentes.

IMG-20180521-WA000120180521_154453 20180521_154412

                                                                                                                                                                                                                                        Kevin Pérez e Manuel Trincado (3º C)