Meteoescolas nas aulas de lingua galega

Que fixemos neste curso no programa Mateoescolas?

Pois unha morea de cousas: ampliamos o noso vocabulario, coñecemos e valoramos a riqueza lingüística referida ao campo semántico do Tempo Meteorolóxico, aprendemos a diferenciar termos como Campo semántico e Familia léxica e tamén a valorar a riqueza do patrimonio cultural a través do refraneiro, así como o coñecemento que os maiores teñen dos termos relacionados co tempo.

Pero o mellor é que o fixemos a través de diferentes actividades moi divertidas:

  • Elaborando un xogo de cartas do tipo “Familias” referidas aos catro campo semánticos do tempo: choiva, neve, bo tempo, mal tempo. Meteofamily
  • Construíndo un xogo de memoria cos refráns referidos ao tempo meteorolóxico. Meteomemory
  • Creando tres xogos de mesa con preguntas variadas referidas ao tempo: Meteoparty
    • Adiviñas
    • Debuxas
    • Imitas
    • Defines

 

[wzslider autoplay=”true”]

 

Texto: 1º de ESO B, fotos Beatriz Martínez e Almudena Lacomba