Merecido 3º posto en Ligamats

Durante este mes de marzo tivo lugar Ligamats, dentro da XI edición de Imatxina de fundación Barrié, que consistiu nun concurso matemático no que participaron 32 centros de Vigo.

Esta actividade comezou o xoves 5, tivo unha duración de hora e media e nela, os participantes, divididos por cursos en grupos de 4, debían completar 4 follas nas que se formulaban problemas , figuras de pentaminós , tangrams… Na categoría de primeiro e de segundo da ESO participaron 21 grupos e os catro alumnos de 2ºA do IES Carlos Casares quedaron entre os catro primeros postos, conseguindo así pasar á seguinte fase. A proba final foi semellante á anterior pero as figuras e os problemas resultaron ser moito mais difíciles.

Para rematar este proxecto o venres 13 celebrouse a entrega de premios onde tamén tivo lugar o relatorio  “Xeometría con pompas de xabón” do profesor da Universidade de Barcelona Antón Aubanell. Ademais, entre os 32 centros realizaron unha figura con aproximadamente 1600 cubos de 3 cm de arista,  coñecida como “Esponxa de Menger “. Os catro alumnos do IES Carlos Casares recibiron o 3º posto e foron agasallados con pasatempos de pentaminós, tangrams, un libro de problemas…, todo para exercitar a mente. Curiosamente o dia seguinte era o día Pi

Autora textos e foto: Lucía Pérez