Mención extraordinaria para o blog “MatemáXicas” de 2º da ESO na IX edición do concurso “Es de libro”

O xurado do concurso (composto por Juan Cruz Iguerabide, Margarita Prado y Fernández, Carme Riera, Javier Sádaba, Margarita Salas, Ramón Tamames, Sonia Mulero e Pedro de Andrés) recoñece a excelente calidade do traballo, a orixinalidade na súa exposición e execución, o respecto á propiedade intelectual e o esforzo investigador levado a cabo polos seus autores.

Parabéns!

O panel cos traballos premiados e finalistas encóntrase no tablero Pinterest de Es de libro.