Memorias dun amor

-Líííaaa!!! Esperta ou chegarás tarde o primeiro día de instituto!

Tiña medo, ao mellor a xente vaise rir de min, mais non me quedaba outra que ir. Na parada do bus empecei a falar cun amigo do colexio.

-Bos días Raúl!  Estás nervioso?

-A verdade é que non moito. Este verán fun a un campamento e coñecín moita xente nova. A maior parte virá ao noso instituto.

-Que ben!

Seguimos falando ata que chegou o autobús. Ao subir entroume vergoña, pois había moita xente nova. Empecei a buscar un sitio coa vista e encontrei unha nena con cara de aburrida. Ía soa e atrevínme a preguntar:

-Podo sentar contigo?.

-Si, claro.

Fíxose un longo silencio ata que preguntou:

-Como te chamas?

-Lía,  e ti?

-Rocío, mais aquí chámanme a Sra. Envexas. Preferín non preguntar, mais cando se ía facer outro incómodo silencio dixo:

-Chámanme así porque ninguén me quitou nada que eu quixera.

Calei, non quería saber a razón pola que ninguén lle quitara nada. Mirei a Raúl, parecía contento cos seus amigos, pensei na sorte que tiña de ter amigos neste instituto, pola contra a min tocábame facelos.     Axiña chegamos ao instituto. Ao entrar na aula cada alumno escolleu sitio, todos sentaban cos seus amigos, e Raúl fixo o mesmiño, foi onda os seus.  Cando me dei conta só quedaba un sitio xunto á parede, ao lado dun neno. Sentei e dixen baixiño:

-Bos días. Comprendín que non me escoitara así que o repetín máis forte:

-Bos días.

Desta vez decatouse de que estaba falándolle e virou a cabeza. Os ollos  quedáronme na súa cara e o meu corazón saíu disparado.

-Ola, como te chamas?

A súa voz soaba fermosa e os seus ollos azuis, semellaban o mar. Os seus beizos, finos e roxos e os seus dentes, invitábanme a achegarme. Por fin contestei:

-Chámome Lía, e ti?

-Hugo, chámome Hugo.

Notei que se puxera un pouco encarnado. Pasamos moito tempo falando, ata que se achegou a min, unha nena que parecía non verme con moi boa cara. Levaba unha roupa espantosa, con caveiras e o pelo, estaba rapado! Tiña só a metade do pelo! Daba medo. Miroume e díxome:

-Ola! Chámome Lucía, mais aquí chámanme Lucifer.

Foise, traguei cuspe e fun ao autobús.

Pasaban os días e, pouco e pouco, Hugo e mais eu estabamos máis xuntos. Seica estaría namorada?

O día de San Valentín pediume que fose a súa noiva e aceptei. Desde alí quedábamos todos os recreos, ata que apareceu Lucifer, ao parecer fixérase amiga de Hugo. Un día tocoume facer un traballo con ela na súa casa. Ensinoume a casa, fixemos o traballo e logo fomos ata o balcón. Sorprendeume que non tivese varanda. Achegueime, Lucía empurroume e caín. Dende esa ela di que o vento lle fala, todos pensan que está tola, pero o que non saben, é que son eu.

 

Texto:Carla Táboas