MATEMAXIA

O 13 de maio os alumnos e alumnas de 1ºde ESO tiveron a visita do Mago Paco, que demostrou que é posible facer maxia coas matemáticas.

O primeiro truco foi coa cinta de Moebius, que é unha superficie cunha soa cara e un só borde que non é orientable (como o símbolo do infinito). Incrible, non?

No segundo truco adiviñou o número escollido por unha alumna cunhas táboas con números, empregando o código binario. tamén fixo un truco con cartas, adiviñou o número da bono loto, coa axuda dalgúns alumnos, alumnas, e dunhas profesoras.

Houbo diversidade de opinións, á maior parte do alumnado gustoulle.

Xoán Lago e Helena Novas 1º ESO

Tags: ×