Martina e o mundo da danza

 Martina e o mundo da danza

Desde moi pequena chamoume a atención o espectáculo. O meu comezo foi xenial, eu lle robaba prendas de roupa a miña nai, como por exemplo, unha camiseta que, ao ser eu pequena era coma un vestido. Poñía uns calcetíns de raias altos, os tacóns de Barbie e lista! Só faltaban as cancións de Madonna (en particular O concerto dos cabalos) e non precisaba nada máis para montar un espectáculo no salón. Só tiña dous anos e medio, pero iso non iba impedirme bailar como unha tola ao ritmo da música e incluso ao frente da cámara do móbil cando me grababa o meu pai!

No tempo que levo neste mundillo, fixen catro tipos de baile: Hip-Hop, Dancehall, Jazz e moderno (máis Workshops ou algunha clase solta dalgún outro estilo como o Waacking). Eu sempre fixen deporte, cando non era baile era ximnasia rítmica, cando non era ximnasia era patinaxe e se non, dúas á vez! Pero iso xa é aparte. 

Para non deixarvos así (só cos nomes dos diferentes estilos) vóuvos contar a súa orixe e algunha que outra curiosidade sobre estes.

Hip-hop. O baile Hip-hop é unha variedade de estilos de baile na rúa que se interpretan, ben con esta música, ou que evolucionaron como parte da cultura Hip-hop. Está influenciado por unha ampla gama de estilos que foron creados na década de 1970 e popularizados polos equipos de baile dos Estados Unidos, a través de programas de televisión, películas.. Todos eles mostraron este estilo nos seus comezos. 

Dancehall. O Dancehall é un xénero de música popular xamaiquina que se orixinou a finais dos anos 70 cando a música popular se afastou das súas raíces Reggae cara unha cultura máis moderna, nerviosa e diferente. 

Jazz. O Jazz é unha danza e un estilo de performance que xurdiu en EE.UU a mediados do século XX. O termo “danza Jazz” utilizouse de xeitos que pouco ou nada teñen que ver con este tipo de música, debido a que é unha mestura de estilos de danza. 

Moderno. O baile moderno trata dunha combinación de bailes urbanos como o Funky, o Hip-hop… que naceron no século XX nos Estados Unidos coma resposta a un mundo cheo de cambios a nivel tanto social, como político e económico. 

Todos os que practiquei gústanme, pero si que é verdade que hai algúns cos que me sinto máis cómoda. O Dancehall é moi familiar, transmite unha positividade, unha sensación tan agradable… é xenial, iso si, os xeonllos ben preparados. Co Moderno tamén me sinto cómoda, éncheme máis porque  me identifico mellor. Tamén está o Freestyle (estilo libre) que é marabilloso tamén, pero, se me bloqueo ou estou nerviosa, xa non é tan divertido, aínda que, se chego ao punto de relaxamento, poden saír cousas moi boas.

 

 Aquí pódese ver unha foto durante a clase de Valero (bailarín, profesor de danza e ex-concursante de Fama a bailar).

Martina Trashorras González. 1 ESO A.

Artigos recomendados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará