MAIO DAS LETRAS, MAIO DAS XESTAS

Co gallo da celebración das Letras Galegas, o 17 de maio, as paredes do IES Carlos Casares dan publicidade aos traballos realizados polo Equipo da Biblioteca e polo alumnado de 1º ESO (coordinados polo Departamento de Educación Plástica e Visual, en colaboración con Dinamización Lingüística).

No primeiro andar, as caricaturas de todas e todos os homenaxeados no día das Letras Galegas, dende Rosalía en 1963 ata Filgueira Valverde neste 2015.  No vestíbulo do centro e co título: Deámoslle a volta, o alumnado de 1º de ESO A e C expón os seus traballos sobre prexuízos lingüísticos existentes aínda na actualidade cara á lingua galega e co Unha lingua útil, o alumnado de 1º de ESO B demostra a utilidade da nosa lingua, na pantalla pódese ver unha presentación sobre escritoras e escritores destacados no día das Letras Galegas.

TEXTO: Vanja Veiga / FOTOS_VIDEOS: Almudena Lacomba

FOT_diaadia_15052015_letrasgalegasIESCC_02_AlmudenaLacomba