Libros recomendados para estas vacacións!

Como ben sabemos, no mundo existen moitos libros; uns gústannos, outros non, e outros sorpréndennos. Hoxe imos falar do último tipo: os libros que sorprenden, tanto se as espectativas eran altas ou baixas.

  1. A Moza do Tren: Este libro é considerablemente coñecido. Está escrito por Paula Hawkins. O libro trata sobre Rachel, unha muller que ten unha vida non moi boa: perdeu o traballo pero, como ninguén o sabe aínda, ela continúa collendo o tren cara ao lugar onde traballaba; é alcólica… Sempre que viaxa no tren, pasa pola mesma casa. Fíxase na xente que vive nela, e ata lles poñe nome. Despois de presentar a situación da protagonista, comeza a desenvolverse unha trama entretida e complexa, na que están involucradas unha desaparición, a xente que vive na casa que ela sempre observa, e demáis persoas da súa vida. É un libro fácil de ler, moi interesante e, sinceramente, eu non o puiden deixar ata que o rematei.
  2. Orgullo e Prexuízo: Escrito pola coñecida Jane Austen no século XIX, relata unha bonita historia de amor entre a protagonista, chamada Lizzie e un mozo chamado Darcy. A parte desta, tamén se relatan outras historias de amor, como a que hai entre a irmá maior de Lizzie e o amigo de Darcy. Esta obra é tan coñecida que ata consta de varias películas e series. É unha historia que deixa cun bo gusto despois de rematala.
  3. Sacrificio a Mólek: Escrito por Asa Larsson, narra os acontecementos que suceden nun pobo en diferentes puntos do tempo. Uns cazadores atopan restos humanos no interior dun oso. Investígase e se descobre a identidade da persoa falecida. Anos despois atópase a unha muller asasinada na súa casa, e descóbrense os segredos que agocha a historia deste pobo. Aínda que a fiscal á que se lle encargou o caso é apartada deste, continuará investigando para que se faga xustiza.
  4. A emperatriz dos Etéreos: Bipa vive nunha cova subterránea con máis xente. Alí se conta que nun lugar vive a emperatriz dos etéreos. Bipa non cre nesas historias, pero o seu amigo Aer si. El aventurarase a saír das covas, correndo así un grave perigo, xa que pode morrer de frío. Bipa sairá tras del para rescatalo, coñecendo así a novas xentes e outras maneiras de pensar. Rexeitarana e seralle moi complicado alcanzar a Aer, que avanza máis rápido.

Irene Jardón Castro, 3ºB e Eire Taboada Prieto, 2ºA