KTORCE-18, LEI DO MENOR

Os nenos de 3º e 4º de ESO do Carlos Casares recibimos a Rafa, un psicólogo que veu mostrarnos parte da Lei do Menor. Subliñou que temos unha falsa idea do que é un centro de menores, dixo que era peor ca un cárcere… Quedamos asustadiños!! Tamén nos dixo que de cada 9 nenos que cometían un delito, 8 eran nenos fronte a unha nena. Do que máis falou na charla foi dos tipos de condenas e o que era considerado delito á nosa idade. Tamén nos falou do sexting e concienciounos de que tiñamos que ter máis coidado coas redes sociais porque aínda que non o parezan son moi, moi perigosas!

[wzslider]