A León a practicar francés

Á volta das vacacións de Semana Santa o alumnado de 2º da ESO tivemos unha saída para participar no programa-campamento de inmersión lingüística en francés Classe Verte. A actividade foi organizada polo Departamento de Francés do instituto co obxectivo de que mellorásemos o noso nivel de francés aprendendo máis vocabulario e mellorando a nosa capacidade para falalo. O campamento tivo lugar na aldea leonesa de Vegacervera e foi desenvolvido por monitores da empresa S y G Educación.

O luns 2 de abril pola mañá saímos cara a Vegacervera. Os dous primeiros días fixemos moitas actividades de léxico: mediante un tutti-frutti repasamos o vocabulario relacionado coas actividades cotiás (hixiene, roupa, comida, etc.); fabricando uns lentes 3D practicamos o léxico da “técnica”; xogando ó rugby, ó béisball, ó fútbol, etc. recordamos e aprendemos palabras relacionadas co deporte.

O mércores visitamos a cova de Valporquero, unha cova natural escavada nunha montaña polo río Torío. No seu interior puidemos ver moitas estalactitas e estalagmitas con diversas formas e tamaños. Á saída da caverna puidemos gozar da neve, que aínda non se derretera debido ó frío que ía. O xoves, como o tempo era espléndido, tivemos diferentes actividades ao aire libre, como montar nuns patinetes electrónicos Segway, e ademais fixemos espeleoloxía noutra cova; despois, pola noite, no campamento houbo unha festa de despedida.

O venres 6 volvemos para a casa. De camiño visitamos a catedral de León, unha maravillosa estructura gótica do século XIII, e demos un paseo pola cidade leonesa.

 

Valporquero

Valporquero4

Feito por Saúl Lago e Iker Cameselle.

Artigos recomendados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará