Ao longo dun curso no instituto pasan moitas cousas –boas, a maioría, e algunha mala- das que imos aprendendo e que nos van facendo madurar.
O curso 2014-15 no Carlos Casares será o do pasamento de Antonio, profesor de matemáticas.
Antonio era unha persoa singular: moi intelixente, reservado, educado, irónico. Podía ser rosmón e enfadarse moito, e podía ser, noutras ocasións, unha persoa amable e atenta para cos demais.
Tamén era un gran conversador que recordaba cantidade de anécdotas do instituto (era o profesor que levaba máis anos nel e, sobre todo, gozaba falando das súas grandes paixóns: a pesca, a caza e a natureza en xeral.
Toda unha vida profesional dedicada ao noso I.B. Meixueiro, ao noso Carlos Casares.
Grazas.
TEXTO: Carlos Bartolomé
Caricatura realizada polo alumno Cayetano Lledó que aparece no número 7 da revista Manda Carallo (1997)