Impresións de París

paris1

Unha boa viaxe cunha estupenda compañía, descubrindo París ás carreiras. Fostes algo fedellos pero boa xente.

Os profesores 

Vivan as sestas no bus.

Chunguísimamente dirusísma toda pateada que demos.

Er-Justaf

 

Moi boa viaxe, moi ben organizada. Volta en bus, moi dura.

 Gustoume moito a viaxe e gustaríame volver. Unha compañía moi boa e os sitios moi bonitos.

 Paseino moi ben aínda que nos cansamos moito. A vota moi dura.

 Unha gran viaxe, para lembrar. Ogallá poida volver.

 A beleza arquitectónica francesa non é comparable a nada que vira antes. Desexando volver a ver a Torre Eiffel.

 Unha viaxe incrible, pasáronme o días superrápido.

 París é diferente, gustoume moito e paseino moi ben. Non quero chegar a Vigo.

 Unha das mellores viaxes que fixen na miña vida, malia as camiñatas que nos dabamos.

 Calquera viaxe é incrible cando se fai en boa compañía pero máis aínda se é París. Oxalá puidera quedar unha semana máis.

O mellor para coñecer unha cidade é perderse nela, como nos pasou a nós. Por certo é todo tan caro como bonito.

 Gran viaxe. VINAGRE

 Hai viaxes que son inolvidables e máis se son nunha das cidades máis bonitas do mundo con persoas estupendas.

 Unha viaxe para recordar.

Unha viaxe chea de recordos que sempre permanecerán na memoria con gran cariño.

 Momentos incribles, pateadas interminables e unha viaxe gardada para toda a vida.

 Eu igual esquezo esta viaxe pero a miña carteira nunca.

 Unha viaxe que se recordará para sempre.

 Máis ca produtivo, nunca camiñara tanto.

 París é moi bonito, os prezos non.

 Encantoume o baño da Torre Eiffel.

 Descubrín unha das cidades máis bonitas do mundo, chea de historias, recunchos preciosos. Ter visitado París con xente tan estupenda, como os meus amigos, fixo desta viaxe un momento único e un recordo inolvidable.

 Unha viaxe incrible nunha das cidades máis bonitas do mundo. Ademais, estando en boa compañía, sempre se está ben. Unha pena non poder visitar os lugares con máis calma.

 Descubrir unha das cidades máis bonitas do mundo coas súas rúas, cheas de arte e maxia ao lado de xente marabillosa, foi unha das experiencias máis grandiosas da miña vida.

 Outra das mellores excursións. Os días pasaron rápido pero aproveitei o tempo ao máximo. Unha experiencia inolvidable.

 Foi un pouco agobiante porque non tiñamos tempo para ver as cousas ou para ir de un lado para outro. Pero foi moi divertido e bonito.

 Non máis escaleiras de caracol.

 Hai que ir dúas semanas.

 Viaxe máis longa.

 Incrible viaxe e inolvidable experiencia a que vivín en París con todos os meus amigos. Todo estivo moi ben organizado e a única observación que lle poría foi o tempo que estivemos no Louvre e a última noite en Burdeaux.

 París foi unha bonita excursión, intensa, divertida e con moi bos recordos e en boa compañía, pero un pouco axustada de tempo e con lugares moi turísticos que visitar. O único fallo que destacaría sería poder ter máis calma e máis tempo libre.

 Unha viaxe perigosa e con moi boa compañía. Fíxose curta a estadía. Je t´aime Paris.

 Unha excursión incrible a unha cidade aínda máis incrible. Oxalá tivésemos máis tempo para gozar da cidade.

 Foi unha viaxe marabillosa con xente marabillosa pero non foi tan marabilloso o jpouco tempo que pasamos nela.

 Unha das mellores experiencias que tiven. París é unha cidade preciosa, que paga a pena coñecer e máis se é na compañía de xente como esta, que fai que cada nova vivencia sexa marabillosa.

 A verdade é que a viaxe, gustoume moito. París encantoume e a compañía axudou a que me gustara máis aínda. Fíxoseme curto o tempo alí.

 Imos ver, en París vai un frío horrendo, pero sempre está xenial ir coa túa xente a lugares incribles como esta cidade porque a boa compañía mellora todo.

 A excursión non estivo mal, pero deberiamos ter maís tempo libre, ou estar máis días, xa que é unha cidade moi grande para percorrela a pé en tan pouco tempo. Respecto ao hotel un de máis estrelas non viría mal. Do resto, todo foi perfecto.