Illas Cíes, Patrimonio da Humanidade

O Xoves 31 de xaneiro o alumnado de 3ºESO C e  Cultura Científica de 4ºESO tiveron a oportunidade de asistir xunto con outros moitos centros á presentación dunha actividade que desenvolverán o resto do curso escolar, que tivo lugar no Auditorio Mar de Vigo.

Nada máis chegar convidáronnos a esperar un intres para darnos unha pequena sorpresa, xa que nos ía recibir o alcalde, Abel Caballero. Este inaugurou a presentación cun dos seus  discursos, no que por non variar, mencionou a famosa chamada do  alcalde de Nova Iorque para felicitalo polas preciosas luces de Vigo.

A actividade Planetacíes, forma parte do obxectivo para promover a  candidatura das Illas Cíes como  Patrimonio da Humanidade, dividiuse en tres partes:

  • Primeiro, unha explícación de cal era o obxectivo da actividade e as partes das que constaba a mesma.
  • A seguinte parte, foi unha explicación máis detallada do que eran e como se formaron estas illas, ademais dos catro requisitos necesarios para considerar unha zona como un patrimonio da humanidade, cos seus respectivos vídeos onde destacaban a flora e fauna característica das Illas Cíes.
  • Para finalizar, expuxeron e explicaron detalladamente  a tarefa que faríamos durante os próximos meses  xunto co porfesorado asignado, onde ademais de dúas tarefas repartidas entre os cinco meses posteriores, poderíamos participar nunha viaxe educativa ás Cíes no mes de maio.

 Manuel Trincado Alonso 4ºA