O noso alumnado de 3º de ESO e 1º de Bacharelato da materia de Debuxo Artístico participou nun concurso de fotografía convocado polo colectivo ” Soñando cuentos”.
Tratábase de realizar fotografías cuxo tema principal fose os libros e o fomento da lectura. As fotos fixéronse sen retoques. Na nova materia de Expresión Plástica, Visual e Audiovisual de 3º de ESO e na tamén nova Debuxo Artístico, queremos dar un pulo á alfabetización audiovisual e máis concretamente a aspectos básicos como a composición, o encuadre, a iluminación…
Velaquí as fotos presentadas ao concurso.
[wzslider]