Grand Theft Auto 5

O GTA5 é un xogo para ps3, ps4, xbox360 e xbox one. É un xogo libre, que ten dous modos: Online e Campaña.

A Campaña trata sobre tres personaxes os cales son uns ladróns. Esta historia comezou no pasado, cando  tres atracadores chamados Michael, Trevor e Brad fixeron un golpe (atraco) no cal todo ía perfecto, pero, ó final do atraco, Brad morreu dun disparo de francotirador; aquí cambiou todo. O golpe xa non ía como tiña que ir. Logo outro dos atracadores, Michael, sufriu un disparo; Trevor pensou que Michael morrera e entón emigrou a Los Santos.

Michael finxiu a súa morte e despois de dez anos Michael xa estaba retirado e vivia na súa casa con Amanda (a súa esposa), James (o seu fillo) e Tracey (a súa filla). Un día un dos persoaxes principais chamado Franklin Clinton, que traballaba para un estafador chamado Simeon que embargaba todos os coches que el vendía, foi facer o seu traballo e foi roubar o coche que James comprara había pouco. Pero Michael pillouno coas mans na masa e destrozou a tenda de Simeon; a partir dese intre Michael e Franklin fixéronse amigos. Pouco a pouco xurdiron feitos e atracos, ata que un día Michael e Trevor se reencontraron e entre os tres comezaron cometer delictos, atracos, asasinatos etc.

Despois de moitos atracos, reagrupáronse os tres e máis xente que contrataron e organizaron un GRAN GOLPE. Con este GRAN GOLPE o beneficio serían 210.000.000 $ e cada un dos personaxes pricipais levaría 30 millons a partes iguais. Despois de atracar todo saíu como a seda. Ata que chegou un momento no que debían separar os seus camiños. E cada un dos personaxes principais continuou a súa vida millonaria.

Resultado de imagen de fotos de campaña gta5 Resultado de imagen de fotos de campaña gta5

 

O Online é un modo de xogo libre, no cal cada un crea o seu personaxe como queira, a roupa que queira, o peiteado que queira, etc.

A base de facer misións e atracos conséguese diñeiro para poder comprar casas, coches, barcos, avións… Pero non é un modo de xogo no que sexa obrigatorio facer misións para gañar diñeiro; de feito, pódese comprar diñeiro dende a PlayStation. Este é un xogo libre, é dicir, que podes facer o que che dea a gana. Ademais de misións tamén hai carreras de coches, de avións, de barcos…

É un xogo moi divertido para entreterse cos amigos e ter piques cos amigos e cos demais xogadores.

RECOMÉNDOVOLO

Mario Domínguez Gorís 2ºA