Fútbol sala de alta escola

Estes últimos meses tivo lugar no instituto un pequeno torneo de fútbol sala chamado Paulinho´s Cup. Inscribíronse moitos participantes de diversos cursos, dende 1º ata 4º da ESO. O torneo foi organizado por un alumno de 3º coñecido co alcume de Genti.

Para organizar o torneo, primeiro os equipos encadráronse en diferentes grupos e xogáronse varios partidos polo sistema de liga. Os dous primeiros clasificados de cada grupo pasaron á fase de eliminatorias, na que os encontros tiñan dúas partes de 20 minutos e os enfrontamentos eran a ida e volta. Estas eliminatorias comezaron en dezaseisavos de final. Despois desta rolda, dos oitavos e dos cuartos chegaron ás semifinais os catro mellores conxuntos do instituto: Os Escornabois, Cuspedriños Darriba, Dream Team e Os Celochis. As semifinais vivíronse con grande intensidade e moita presenza de alumnos nas bancadas. Os resultados foron moi axustados e os que conseguiron chegar á final foron Os Escornabois e Os Celochis. O equipo que se proclamou gañador do torneo foi o dos Celochis, conseguindo unha victoria por 4-3 no tempo de desconto.

O máximo goleador ou pichichi do torneo foi Álex Villar Conde, un xogador do Dream Team, con quince goles. O gañador do trofeo Zamora foi Noah Noel Espada, o porteiro dos Celochis. Finalmente a clasificación quedou así:

Primeiro posto: os Celochis

Segundo posto: os Escornabois

Terceiro posto: Cuspedriños Darriba

Cuarto posto: Dream Team

Sen dúbida o torneo foi un gran incentivo para todo o instituto e espertou unha gran expectación. Os gañadores, por suposto, obtiveron o seu recoñecemento polo esforzo realizado. Un altofalante e 7 euros foron as recompensas de cada xogador do equipo.

IMG-20180504-WA0001Estes son os nosos gañadores cos seus premios, Os Celochis

Kevin Pérez e Pablo Fernández