A visita de Frankenstein

O pasado martes 6 de marzo representouse unha obra de teatro sobre a historia do Dr. Frankenstein e o seu monstro no auditorio do noso centro. Como todos os anos, a actividade foi organizada polo Departamento de Inglés, que trouxeron a compañía de teatro Clever Pants Theatre cunha actuación para o alumnado de 3º e 4º da ESO e 1º de Bacharelato. A actividade foi entretida e humorística, a obra amena e, aínda que os persoaxes falaran en inglés, foi bastante doado de entender grazas á xesticulación dos artistas. Houbo estudantes que subiron ao escenario e bailaron xunto co doutor Frankenstein e a súa creación. Ademáis, houbo participación por parte dalgúns profesores que subiron a bailar con eles. A actuación foi tan divertida que ao terminar o público berrou: “OUTRA MÁIS”.

Non cabe dúbida que, coma todos os anos, nós quedamos con gana de máis e esperamos desexosos o que acontecerá o ano que vén.

bdr