Fortnite, o xogo do momento

Fortnite é un xogo creado pola compañía Epic Games e hoxe en día é o xogo que está de moda. Foi deseñado a modo de historia co lema: Salvar o mundo. Xogando  debes aprender os fundamentos e controis para poder sobrevivir a hordas de inimigos. O 98 % da poboación mundial desaparece no medio dunha misteriosa e repentina tormenta que cobre o ceo por completo e bota sobre a Terra unha serie de criaturas, semellantes a zombis, chamadas Carcasas. Estas criaturas acaban con case todos os humanos. Os superviventes conseguen crear unha serie de escudos e bases para protexerse da tormenta e dos ataques desas criaturas. Ti, xogador, serás o comandante dunha base e debes aliarte cun grupo de bots para ir obtendo diñeiro, recursos e armas cos que ampliar a túa base. O obxectivo é evitar a apocalipse total da Terra e conseguir que esta se recupere. Este modo polo de agora é de pago e pódese xogar con micropagos, pero antes de que remate o ano será de balde.

Fort

Fonte da imaxe: https://www.flickr.com

A outra modalidade de xogo de Fortnite chámase Battle Royale e é gratuíta. Aquí pode haber ata cen xogadores, que participarán individualmente ou en equipos de ata catro persoas. Comezarás só cun pico e a túa misión será encontrar armas, subministros e curas cos que sobrevivir e matar o resto de xogadores. Moveraste por un mapa que está cheo de cidades, lagos e montañas, onde poderás obter eses recursos, e combaterás para conseguir o mellor logro do videoxogo, a Victoria Maxistral.

 

Saúl Lago Camiña (2º C)