A saga continúa

Final Fantasy XV é a última entrega numerada desta gran saga mundialmente famosa. Nesta edición o obxectivo do xogo é liberar o reino de Lucis, que foi tomado polo emperador de Niflheim. Para conseguilo, teremos que controlar a Noctis Lucis Caelum, o principe de Lucis, e os seus amigos Gladiolus, Ignis e Prompto. Ademais, poderemos conducir a Regalia, o coche do rei de Lucis, do cal existe unha copia real, que foi subastada por máis de 400.000 dolares. Debemos derrotar a Ardyn, o chanceler do imperio, que nalgúns momentos da historia mesmo se fará pasar por bo e nos prestará axuda, pero non hai que fiarse.

Ó longo do xogo poderemos realizar diferentes misións, que nos estarán agardando por todo o mapa: misións moi difíciles para acabar con criaturas e xefes inimigos especiais, como Melusine, Naglfar, Adamantaimai e outros; misións secudanrias para tratar de axudar a determinados personaxes, como Dave, Cindy e Cid; misións temporais dun só día. Grazas a elas obteremos puntos especiais para cambialos por obxectos, experiencia, puntos de habilidades e armas especiais. Ademais, no coliseo de monstros poderemos apostar polo equipo que nos pareza mellor.

Lembrade que tamén temos a posibilidade de participar en batidas de caza: estas encárganse nos postos de comida e consisten en buscar uns monstros especiais e acabar con eles; como recompensa recibiremos diferentes obxectos e guiles, a moeda do xogo.

Por outra banda, un dos grandes atractivos deste videoxogo é a súa música, xa que é o xogo con máis temas musicais do mundo, máis de setecentos.

E despois deste resumo preparádevos para gozar do Final Fantasy XV. Forza!

Resultado de imagen de ffxv

Fonte da imaxe: https://www.flickr.com

Marco Dopazo Pazó (2º C)