Festival de Entroido

Achégase o Entroido!

O venres 9 de febreiro celebrarase no instituto o festival de disfraces. As clases remataran ás 11:30 horas e os autobuses saíran, coma sempre, ás 14:20h. Aqueles que desexedes participar nos diferentes concursos (individual, parellas e comparsas/grupos) deberedes apuntarvos nun listado que estará na porta de acceso do salón de actos.

Repartiranse 150 € en premios e valoraranse especialmente os disfraces relacionados coa temática da Idade Media e/ou disfraces de elaboración propia.

Ese día será necesario levar os móbiles con nós, pois poderemos votar a través de Instragram para escoller os/as premiados/as (@iescarloscasares).

Animámosvos a participar nos concursos e a que nos ensinedes os vosos disfraces!

Jester-Hat-Icon-800px

Paula Pérez (3º C).