Faladoiro sobre Carlos Casares

O pasado sábado 26  de novembro tivo lugar, na Casa do Concello de Moaña, un faladoiro sobre o escritor que dá nome ó noso centro. A actividade estivo organizada polas directoras da revista e as redactoras de 4º de ESO, que reuniron varios antigos alumnos de Carlos Casares (Cándido Miranda, Celso Parada, María Eugenia Casás, Carlos Miguel e Concha Trigo).

O encontro levouse a cabo co fin de elaborar unha reportaxe que será incluída en As novas de Casa, o telexornal que estamos a realizar os alumnos que redactamos a revista do instituto. Os participantes no faladoiro lembraron anécdotas e experiencias da etapa na que no IES Rodeira de Cangas tiveron o autor como profesor de literatura. Todos eles coincidiron en que Casares era un contador de historias excelente, unha persoa amable e acolledora, que lles mostrou a súa moderna forma de ver o mundo.

Texto: Helena e Laura.