Exposición INVESTIGARTE

_DSC0917
O pasado curso, alumnado do noso IES participou no concurso Investigarte, organizado principalmente pola fundación Barrié. Durante varios días puidemos ver, no vestíbulo do centro, unha exposición dos mellores traballos nas diferentes categorías. O traballo de Ana López López, alumna de 2º ESO C, foi seleccionado como un dos mellores.
Ana realizou un traballo sobre o funcionamento do cerebro segundo o grao de motivación das tarefas realizadas. Púxolle como título: “Motivación”.

Foto: Naia Goiriz e Lidia Zemiri
Texto: Ruth Carrera e Vanja Veiga