Excursión fundación Barrié

O día 11 de outubro os cursos 3º da ESO e 1º de BACH acudiron á Fundación Barrié para participar nunha actividade chamada “Ciencia e superheroes”.

Nesta demostráronnos por que a maioría dos superpoderes máis importantes destes personaxes non poderían ser posibles na vida real. Por exemplo: o raio láser que saía dos ollos de Superman e que queimaba os seus inimigos non podería ser posible, xa que os seus ollos non aguantarían a calor e queimaríanse. Ou por que Hulk non pode ter superforza, xa que cando el levanta un coche faino cos brazos estirados, e por moita musculatura que teña, é imposible. En todo caso, levantariamos unha carga tan pesada co brazo e cos músculos contraídos. Vedes? Todo isto aprendémolo grazas á Fundación Barrié.

Varios compañeiros nosos puideron saír voluntarios e participar en diversos experimentos de demostración. Foi moi interesante e divertido, xa que se achegaron a nós utilizando o tema dos superheroes. Tan divertido foi, que ata intentamos romper un ladrillo no peito dun alumno! O que fixemos foi depositar o ladrillo nunha táboa enriba do peito do neno e golpeámolo cun martelo. O ladrillo rompeu, mais o neno quedou intacto! Manda carallo!

Antía Lago Nietoimg_20161011_112024