Excursión á neve de 3ºESO

Parte do alumnado de 3º da ESO foi o luns 21 de xaneiro á estación de esquí e snowboard de Leitariegos. Alí hospedáronse nun albergue con cuartos de 4 camas, aínda que as rapazas durmiron nun de dez. O luns, despois de chegaren saíron xogar fóra coa neve. Despois volveron e pasaron o resto do día no albergue entreténdose con xogos moi divertidos. O martes levantáronse cedo, almorzaron e foron rapidamemte calzar as botas de esquí. O  albergue estaba a pé de pista, polo que non perderon tempo polo camiño e sibiron rapidamente ao telecadeira. Ao chegar ás pistas, recibiron as primeiras clases.  Aprendéronlles a colocar os esquís, a andar con eles, e cando xa estaban algo preparados, ensináronlles a subir ás perchas, que son unha especie de paus colgados dunha corda cunha especie de asento, con eles subirón á parte alta da pista e alí comezaron a baixar.  Ao finalizar o día e logo de ter outra sesión de clases, volveron ao albergue e comeron. Por último xogaron e saíron a gozar coa neve.

O mércores, por culpa do mal tempo, non puideron saír do albergue, polo que tiveron un tempo de relaxación. Pola mañá levantáronse máis tarde e dedicáronse a xogar a diversos xogos, entre o que destaca a invención e interpretación dunha obra de teatro e o famoso xogo de O pobo dorme. Pola tarde tamén fixeron actividades e pola noite viron a película de Fantastic Mr. Fox.

O xoves, pola mesmas razóns co día anterior, non puideron ir esquiar, polo que tiveron que quedar no albergue toda  a maña, pero fíxose máis levadeiro porque practicaron escalada. Pola tarde foron a unha camiñata pola neve, pero por culpa do tempo, non foi unha gran experencia porque a moita xente conxeláronselles as botas porque o camiño estaba roto nun treito. Pola noite, xogaron a xogos de mímica e de maxia.

O venres 25 foi o mellor e o peor día. Levantáronse moi moi cedo e sairon esquiar. Facía un día incrible. O sol brillaba e viase toda a paisaxe. Ao chegar ás pistas, ensináronlles a xirar, para logo dividilos en 2 grupos; por un lado os que sabían esquiar mellor e por outro os que aínda necesitban máis practica. Un dos grupos foi á pista azul que é a de nivel medio, e outros quedaron na verde. Alí houbo moitas caídas como era de esperar!!!!!! Despois dunha hora, volveron ao albergue, comeron e marcharon.