Espellos malditos

O móbil comeza a soar. Xa é a séptima vez nesta aborrecedora tarde. A verdade é que á quinta chamada comecei a preguntarme quen será a persoa que estará a perder o seu tempo chamándome; mais non, paso de levantarme e coller o móbil, e de falar con ninguén.

Non foi un bo día e tampouco unha boa semana. Ás veces pregúntome se será unha boa vida… Collo as sabas e tápome por completo a cabeza. Sospiro. Quedeime sen tabaco. Necesito ir mercalo. Aínda son as sete, ter, teño tempo. Pero…, non sei se vou poder enfrontarme ao mundo. Non estou segura de que poida chegar ata a porta da cuarto sen caer. Non creo que sexa capaz de pasar por diante do espello do corredor sen resistir á tentanción de mirarme, de ver o meu maldito reflexo nel, os meus ollos tan vermellos como o Nadal… Pero necesito fumar, e xa.

Facendo un esforzo destápome, quítome de enriba eses centímetros de mantas que me protexían de tódolos perigos do mundo. Séntome na cama. “Isto vai ser duro” penso, pero os botes de anfetaminas tirados polo chan, as cuchillas manchadas de sangue e o desorde xeral da cuartolémbranme que xa estou acostumada a cousas máis “duras”. Collo un xersei e un pantalón que atopo xunto á cama e vístome. Pero o meu pelo…, o meu pelo semella unha enredadeira. Entro no baño e prendo a luz. Fronte a min hai un espello, un grande  espello… Pero o peor non é iso, senón o que se reflexa nel: eu. O meu debilitado cabelo chégame ata a cadeira. Cobre parte dun rostro moi pálido, dunha cor enfermiza na que resaltan dous ollos máis escuros cá noite, nos que se quedas mirando podes chegar ao mesmo inferno.

Despois, baixo aquela enorme roupa atópase o meu corpo, corpo co que nunha chegarei a estar a gusto. Ao verme reflexada invádenme a furia e a dor. Mais teño que controlarme, necesito controlarme.

Collo un cepillo e deslízoo lentamente polo cabelo, seguindo o suave compás dunha melodía na miña mente. Pecho os ollos e céntrome na melodía. Esta faise cada vez máis definida.

Dáme ganas de bailar un vals, anímame a agarrar unha parella de baile imaxinaria e fundirme coa música. A cada pasada do cepillo polo cabelo esta vai subindo de ton, pero non só iso, tamén aumenta o ritmo. Cepillo máis rápido, non podo desacompasarme. Vénseme á cabeza o meu reflexo no espello. De súpeto, a melodía aumenta demasiado o compás. Soa moi alto. Pero non paro, a miña man segue guiando aquel obxecto como se este fose a ansiada parella. Un baile sinistro, pegadizo e adormecedor. A música non para, cada vez retumba máis na miña cabeza.

Comézame a molestar. Pasou de ser unha suave melodía que deleita aos nenos pequenos no berce a unha música satánica, con berros sen sentido, voces que piden auxilio.

“Odio os meus ollos, son demasiado escuros, teño unha mirada horrorosa. Tamén son moi pequenos, e a miña cara é demasiado grande.” O ritmo aumenta, case non podo seguilo, doume tiróns de pelo ao ir tan rápido. “E o meu corpo, necesito adelgazar, teño que adelgazar máis…”

Non podo. A música segue sen parar. Atrápame, é unha cárcere na que cumpro cadea perpetúa… Xa non lembro como respirar. Non podo…

– NOOOOOOOON!!!- berro, ao tempo que solto o cepillo de golpe. Este cae ao chan nun ruido oco. Abro os ollos, alí está o meu reflexo, coa intención de seguir atormentándome. A música non cesa; segue, aumenta. Agora rise de min- Non, non, non! Foder, para xa!- mais non, non me fai caso, xa non a podo controlar. Escoito berros, risas, nenos cantando e chorando…, é insoportable.

Caio ao chan ao tempo que me tapo os oidos; necesito que pare, é imposible de aturar. Agora a melodía está acompañada de imaxes miñas, e de risas, risas que búrlanse de todos os meus defectos. “Isto é o inferno”, apreto as mans contra as orellas. Un regueiro de bágoas acaricia a miña pel. Non podo máis, xa non podo máis… Escoito berridos mentres só podo verme a min, a min… Apreto os oídos e mais os ollos coa esperanza de que pare. Pero xa non o aguanto.

Cravo as mans nos xeados azulexos e, entre burlas e risas, érgome. Volvo ver a miña imaxe no espello. A cabeza vaime rebentar. Respiro lentamente. Mírome ao espello. Pero agora, agora esa imaxe tamén búrlase de min. Sinálame mentres ri e comeza a enumerar os meus defectos; é unha lista interminable.E entón…, entón miro aos ollos do meu reflexo. É un momento indescriptible, sinto tantas cousas… Ocorre algo. Do meu interior sae un arrebato de determinación, deses que moi poucas veces tes na vida. E por un intre esquézome de todo. Das burlas, daquela suave melodía, dos tranquilizantes, dos cortes, do tabaco, do médico, da roupa, do meu corpo, dos amigos, da familia…, esquézome do mundo. Esquézome de min. Collo aire. Saco forzas dalgún lugar que non creo que volva a atopar nunca. Pecho o puño.

Non pasa nin un segundo. Nun mísero intre, o meu puño corta o aire coa forza de mil tsunamis. Párase o tempo. O corazón palpítame forte, moi forte, demasiado. O impacto. O puño impacta coma se fose o Big Bang contra o espello, producindo un enorme estoupido, pero non de cristais. Do espello brotan berros, risas, sangue… Unha chea de medicamentos e de sollozos.

Vómitos, paquetes de tabaco, botellas de alcohol. Saen discusións, afastamento, noites de soidade. Unha historia que vaise rebobinando no tempo, intentando burlar ao reloxo, que é sempre quen finalmente búrlase de nós. Entón…, entón comezan a brotar ilusións, sorrisos… Saen momentos e saen vidas. Festas, comidas en familia. Tardes con amigos. E aparece un soño, un soño moi remoto que tiven hai moito tempo, un soño que levoume á búsqueda da felicidade. Unha felicidade que xa tiña e que intentando vela fixen que se escurrise das miñas mans. E agora esta sae do espello, enchéndoo todo, achegándose a min. Coa súa luz consegue calar ás voces, borrar todas as imaxes da miña mente. Desaparece a música. Esa felicidade envólveme e amortigua a caída do meu corpo contra o chan. E xa é o único que queda, felicidade. Felicidade acompañada dun silencio único, melódico, un silencio capaz de curalo todo e un silencio para volver comezar.

TEXTO: Eneritz Somoza Rodriguez