Interesante excursión visitando lugares moi galegos.

 

O día 27 de febreiro o alumnado de 3º ESO realizou unha excursión para visitar a Casa Museo Rosalía de Castro. Alí, unha guía foi explicando  a casa-museo de Rosalía de Castro. Na primeira sala explicou a súa vida, os seus familiares, as casas que tivo antes desta… e nas seguintes centrouse na obra. Mentres que a parte de arriba do museo xa non foi guiada e percorrérona sós. Despois de visitar o museo achegáronse á igrexa de Bastavales. Alí, en Bastavales no concello de Brión uns alumnos recitaron poemas de Rosalía como o de “Campanas de Bastavales”. A última parada da mañá foi en Ortoño, na súa igrexa na que tamén se leron uns poemas.

Ao mediodía tiveron tempo para comer e descansar no centro comercial As Cancelas de Santiago de Compostela.

Logo de estar no centro comercial un grupo foi visitar o Museo do Pobo Galego, xa que un dos seus fundadores foi Antón Fraguas. O outro grupo visitou o Panteón de Galegos Ilustres, onde tamén había  unha exposición interáctiva sobre o discurso Alba de groria de Castelao.