Elas fan CienTec

Ei ti, pensas que a muller ten escasa ou nula presenza en carreiras universitarias como Telecomunicacións, Enxeñaría Industrial ou cualquera das que se consideran científicas e tecnolóxicas?

Nós non só non o pensabamos, senón que ademais puidemos comprobar que iso non é así. As rapazas de 3º da ESO realizamos unha saída á Universidade de Vigo, en concreto ás Facultades de Teleco, Ciencias e Enxeñaría Industrial.

Unha vez alí, organizáronnos en tres grupos para poder asistir a diferentes obradoiros en cada unha das facultades. Realizamos experimentos e participamos en actividades que demostraron que as mulleres poden con iso e con moito máis.

Ensináronnos como se fabrica tinta invisible ou “nylon”,  como se crea unha páxina web, como se  aprende a manexar un robot e como, con moito esforzo e moitas horas de traballo e dedicación, conseguiron crear un coche de carreiras!!!

Gustounos moitísimo esta actividade e, sen dúbida ningunha, demostráronnos que a ciencia e a tecnoloxía tamén son cousas de mulleres.

Paula Pérez Guerra 3ºCWhatsApp Image 2018-02-08 at 11.22.38