A Educación Emocional, Social e da Creatividade, principalmente durante as dúas últimas décadas, experimentou importantes progresos grazas á investigación e á intervención multidisciplinar. Tras estas investigacións, sabemos que o desenvolvemento de habilidades socio-emocionais exerce unha influencia positiva nos procesos de ensino e aprendizaxe, na saúde mental e física, na calidade das relacións sociais e o rendemento académico. Por isto, é necesario promover un desenvolvemento integral dos mozos e mozas máis aló das clásicas habilidades académicas.
Esta é a causa que nos levou a incorporar ao noso IES na rede de centros ER.
Educación Responsable é un programa da Consellería desenvolto en colaboración coa Fundación Botín que favorece o crecemento físico, emocional, intelectual e social das persoas, promove a comunicación e mellora a convivencia nos centros escolares a partir do traballo con docentes, alumnado e familias.
O programa axuda os estudantes para coñecerse e confiar en si mesmos, a comprender aos demais, a recoñecer e expresar emocións e ideas, desenvolver o autocontrol, aprender a tomar decisións responsables e mellorar as súas habilidades sociais.
Somos Creativos desenvólvese en tres fases: A primeira delas, Reflexarte, na que a arte plástica, as emocións e a creatividade van da man, foi traballado co alumnado da materia Obradoiro de plástica de 2º de ESO.
A segunda, Literatura e Emocións, onde o alumnado de 1º de ESO C recrearon a súa interpretación de diversas obras literarias traballadas no recurso Literatura, Emocións e Creatividade.
O coro das Emocións é o terceiro recurso no que traballamos ao longo do curso académico dentro do programa Educación Responsable, neste caso co alumnado de 2º de ESO C.
Ademais destes tres recursos, o programa ofrece un Banco de Ferramentas para traballar co alumnado. Van aprendendo, practicando e interiorizando unhas actitudes e habilidades que lles permiten crecer pouco a pouco en benestar, autonomía, responsabilidade, criterio propio, solidarizade e felicidade. Este primeiro curso desenvolvéronse en horas de Valores éticos e titoría de varios grupos de 1º a 4º de ESO.
Almudena Lacomba. Coordinadora do programa