Educación en dereitos e cidadanía global

O alumnado de 2ºA e C e de 4ºB e C  están a traballar neste novidoso programa de Plan Proxecta, cuxo obxectivo principal é promover o coñecemento e defensa dos dereitos da infancia e do exercicio da cidadanía global e responsable.

Comezamos no primeiro trimestre cun diagnóstico para analizar o compromiso cos dereitos da infancia no centro educativo. Foi realizado a través da web www.enredate.org e por grupos de traballo: grupo 1: equipo directivo; grupo 2: profesorado; grupo 3: alumnado; grupo 4: familias; grupo 5: persoal a través de cuestionarios contemplando os seguintes aspectos a analizar: Coñecemento sobre dereitos de infancia, clima escolar, protección e participación do noso alumnado.

A verdade é que obtivemos resultados significativos e ilustrativos sobre a realidade do noso centro, dende a perspectiva do noso alumnado e das súas familias principalmente. Agora estamos a facer o noso Plan de Acción e para mergullarse nas experiencias de outros centros de outras Comunidades Autónomas ( na nosa Comunidade é o primeiro curso que se desenvolve éste programa) Almudena e Teresa desprazáronse ata Valladolid.

Almudena (Reli) e Teresa (Ciencias) no Congreso sobre os dereitos da infancia